Saturday 20 de April de 2024

A Xunta impulsará a competitividade dos parques empresariais de 33 concellos galegos cun investimento de 2,5M€


— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución definitiva destas axudas que, tras a ampliación realizada, suma catro concellos máis -Cabana de Bergantiños, Palas de Rei, Agolada e O Pereiro de Aguiar-, completa ata os 120.000 euros os apoios concedidos ás Somozas e outorga unha segunda axuda a Noia

— Todas as actuacións levaranse a cabo en Concellos Emprendedores

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas para mellorar as infraestruturas dos parques empresariais de Galicia, tras a ampliación de crédito realizada hai unhas semanas. Deste xeito, un total de 33 concellos recibirán apoios por importe de 2,5M€.

A ampliación permite que as axudas cheguen a catro novos concellos -Cabana de Bergantiños, na Coruña, recibe 120.000 euros para a mellora de accesos; Palas de Rei en Lugo contará con 28.328,98 euros para a mellora do firme; Agolada en Pontevedra obtén 119.983,60 euros para as infraestruturas viarias; e O Pereiro de Aguiar en Ourense mellorará a vía de acceso noroeste cunha axuda de 38.587,14 euros-. Ademais, Noia suma unha segunda axuda para o polígono de Augalevada que se vai destinar ao punto limpo (44.213,43 euros) e, finalmente, amplíase ata os 120.000 euros a axuda que xa estaba concedida ao concello das Somozas para a pavimentación da vía principal.

Estas axudas, de ata un máximo de 120.000 euros por proxecto -podían presentarse dúas solicitudes por concello-, están destinadas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias. Cómpre destacar que esta última foi a actuación máis demandada. Os beneficiarios poderán acceder a anticipos do 25%.

Esta liña contribúe a apoiar aos concellos galegos e pretende ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia. Neste sentido, encaixa nas medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.

LISTAXE DE BENEFICIARIOS

A CORUÑA

 

CONCELLO BENEFICIARIO POLÍGONO INDUSTRIAL INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE AXUDA
CONCEDIDA
ACTUACIÓN
SUBVENCIONADA
Concello das Somozas As Somozas 150.000 € 120.000 € PAVIMENTACIÓN VIAL PRINCIPAL
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DAS SOMOZAS
Concello de Boiro Parque Empresarial
de Espiñeira
59.745,77 € 47.796,62 € MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA: ILUMINACIÓN PÚBLICA
Parque Empresarial
de Espiñeira
82.209,38 € 65.767,50 € MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA: INFRAESTRUTURA VIARIA
Concello de Cabana de Bergantiños O Picón 179.646,72 € 120.000 € ACONDICIONAMENTO E MELLORA DE ACCESO
Concello de Cabanas Vilar do Colo 59.999,99 € 47.999,99 €

 

MELLORA DE ACCESOS NO PARQUE EMPRESARIAL DE VILAR DO COLO: RÚAS MAREIRA E MARIÑASOL
Concello de Coirós Pedrapartida 88.021,09 € 70.416,87 € SISTEMAS PROTECCIÓN CONTRAINCENDIOS PARQUE EMPRESARIAL DE  COIRÓS
Concello de Fene Vilar do Colo 123.474,47 € 98.779,58 €

 

MELLORA DA SINALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE AO POLÍGONO VILAR
DO COLO DESDE O ACCESO OESTE
Concello de Noia Augalevada 55.266,79 € 44.213,43 € MELLORA DO PUNTO LIMPIO
Concello de Noia Augalevada 56.801,11 € 45.440,89 € ACONDICIONAMENTO DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DE AUGALEVADA
Concello de Oroso Sigüeiro 150.000 € 120.000 € MELLORA DE REDE VIARIA NA AVENIDA ÁLVARO CUNQUEIRO E RÚA MESÍA, SUBSTITUCIÓN DE CANLE
NA RÚA CURROS ENRÍQUEZ
Concello de Ponteceso Tella 32.615,84 € 26.092,67 € MELLORA ACCESO PARQUE EMPRESARIAL TELLA FASE III
Concello de Santa Comba Santa Comba 84.837,09 € 67.869,67 € MELLORA DO ACCESO SUESTE AO PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA
Concello de Tordoia Pedra Salgueira 8.520,04 € 6.816,03 €

 

RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS
DE ALUMEADO PÚBLICO
EN PEDRA SALGUEIRA

 

LUGO

CONCELLO BENEFICIARIO POLÍGONO INDUSTRIAL INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE AXUDA CONCEDIDA ACTUACIÓN
SUBVENCIONADA
Concello de
Castro de Rei
Castro de Ribeiras de Lea 17.593,40 € 14.074,72 € MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO PARQUE EMPRESARIAL
DE CASTRO RIBERAS DE LEA
Concello de Outeiro de Rei Outeiro de Rei 135.710,88 € 108.568,70 €

 

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
NO PARQUE EMPRESARIAL
DE OUTEIRO DE REI
Concello de Palas de Rei Palas de Rei 35.411,22 € 28.328,98 € MELLORA DO FIRME
Concello de Sarria O Morelle 150.000 € 120.000 €

 

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DO MORELLE
Concello
do Saviñao
O Peago 69.115,20 € 55.292,16 €

 

ACONDICIONAMENTO DO PARQUE EMPRESARIAL DO PEAGO

OURENSE

CONCELLO BENEFICIARIO POLÍGONO INDUSTRIAL INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE AXUDA CONCEDIDA ACTUACIÓN
SUBVENCIONADA
Concello
da Gudiña
A Gudiña 116.903,38 € 93.522,70 € MELLORA DE REDE DE SANEAMENTO
DO POLÍGONO INDUSTRIAL DA GUDIÑA
Concello do Pereiro de Aguiar O Pereiro de Aguiar 48.233,93 € 38.587,14 € MELLORA DA VÍA DE ACCESO NOROESTE
Concello de Pontedeva Trado 108.101,10 € 86.480,88 € MELLORA DO ACCESO AO POLÍGONO EMPRESARIAL DE TRADO
Concello de
San Cibrao
das Viñas
Barreiros 52.552,94 € 42.042,35 € MELLORA DO FIRME DE VIAIS NO POLÍGONO  INDUSTRIAL DE BARREIROS
San Cibrao
das Viñas
51.832,75 € 41.466,20 € MELLORA DA REDE TRONCAL DE VIDEOVIXILANCIA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE SAN CIBRAO
Concello de
San Cristovo
de Cea
San Cristovo
de Cea
150.000 € 120.000 € INFRAESTRUTURA VIARIA
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DE SAN CRISTOVO DE CEA
Concello de Vilamarín Tamallancos 48.098,64 € 38.718,91 € MELLORA DA XESTIÓN DE RESIDUOS
DE VIDRO E CARTÓN NO PARQUE EMPRESARIAL DE TAMALLANCOS
Tamallancos 38.697,95 € 30.958,36 € MELLORA DA ACCESIBILIDADE E SEGURIDADE
NO ACCESO E NOS VIAIS DO POLÍGONO EMPRESARIAL DE TAMALLANCOS
Concello do Barco
de Valdeorras
A Raña 150.000 € 120.000 € MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO BARCO
DE VALDEORRAS

 

 

 

 

PONTEVEDRA

CONCELLO BENEFICIARIO POLÍGONO INDUSTRIAL INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE AXUDA CONCEDIDA ACTUACIÓN
SUBVENCIONADA
Concello de Agolada Polígono industrial Merlín 149.979,50 € 119.983,60 € MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
Concello da Cañiza Uceira
(antigo Mercado)
28.140,80 € 22.512,64 € MELLORA NO PARQUE EMPRESARIAL DE UCEIRA
Concello da Lama Racelo 52.026,73 € 41.621,38 € MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS INTERIORES NO PARQUE EMPRESARIAL DE RACELO
Concello de Cambados Sete Pías-Oubiña 108.242,11 € 86.593,69 € DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DE SETE PÍAS
Concello de
Campo Lameiro
A Facha 51.571,27 € 41.257,02 € ALMACENAMENTO DE RESIDUOS
Concello de Meaño A Pedreira 53.636,28 € 42.909,02 € AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO DO POLÍGONO INDUSTRIAL DA PEDREIRA
Concello de Salvaterra do Miño Chan da Ponte 7.005,37 € 5.604,30 € MELLORA DO ACCESO AO POLÍGONO DE CHAN DO PONTE
Concello de Sanxenxo Nantes 150.000 € 120.000 € INSTALACIÓN DE LUMINARIAS “LED” NO PARQUE EMPRESARIAL DE NANTES
Concello de Valga Campaña 51.888,36 € 41.510,69 € MELLORA DOS ACCESOS E INFRAESTRUTURAS DO PARQUE EMPRESARIAL DE CAMPAÑA
Concello de
Vila de Cruces
O Camballón 150.000 € 120.000 € INSTALACIÓN DE DEPURADORA
DE AUGA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO CAMBALLÓN